As 3 Rs

E vai un día e aparece unha camioneta no patio do cole. E, como nos picaba a curiosidade, alá que fomos mirar.

Que sorpresón!!! Nada máis e nada menos que nos topamos con Dinoseto e Dinosetiño que decidiron vir a amosarnos como Reducir, Reutilizar e Reciclar o lixo.

e, para seguir con esto da Reciclaxe, un científico un tanto peculiar visitounos na biblioteca.

Coa axuda dos Bolechas aprendemos moitas cousas sobre a Reciclaxe de aparellos electrónicos. E trouxo agasallos para todos e todas!