O MONTE DE 3º
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!!
Con motivo do proxecto que estamos traballando este ano no cole "Botámonos ao monte", os nenos e nenas de 3º fixeron a súa propia versión do monte de Coruxo. O resultado foi moi orixinal, e ademáis, comprobamos que con materiais reciclados, como cartón ou periódico, podemos facer grandes obras de arte!!
Velaquí o proceso: En primeiro lugar, pintaron o fondo con acuarelas.
A continuación, para facer os troncos, cortaron anacos de cartón groso e quitáronlle unha das capas que o recubren e así descubriron a textura das ondas.
E por último, para facer a copa colocamos periódico arrugado pintado de verde.
Agardamos que vos encanten os nosos traballos!!!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!!
|