O OBRADOIRO SOBRE DROGODEPENDENCIA
-O OBRADOIRO SOBRE DROGODEPENDENCIA-
O pasado xoves, 28 de febreiro, iniciáronse en sexto unha serie de Obradoiros relacionados coa información e prevención de drogodependencias de distínta índole, dende
as drogas máis comúns coma o alcohol, ata outras menos coñecidas e non por iso, menos dañinas.
A participación e interese dos nenos e das nenas dos dous sextos foi altísima. Tanto que pasámonos da hora convida.
Maite, compoñente dunha Asociación de drogodependencias en Vigo, foi a encargada de explicarnos o máis significativo do tema.
Pero isto non fixo mais que comezar. Aínda quedan varias xornadas para escoitar, conversar e participar.
Resultou ser unha actividade moi interesante e educativa, tendo en conta a nova etapa á que nos enfrentamos.
Moitas grazas, Maite.