ADMISIÓN ALUMNADO: SOLICITUDE PRAZA NOVO ALUMNADO
Información importante se desexan solicitar praza no noso centro para o curso 2019/2010
Que debo entregar: . O anexo II (Cod. ED550B) cuberto e asinado. Poden descargalo AQUÍ ou presentalo en liña AQUÍ . Fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar Onde: . Na secretaría do centro solicitado como 1ª opción. En horario de mañá de 09.15h a 14.15h. Preferiblemente de 09:15 a 10:05. Cando: O prazo abrangue desde día 1 ata 20 de marzo (os días 4,5,6 de marzo o centro permanecerá pechado, xa que son días non lectivos) Que debo ter en conta: . Cada alumno/a somentes pode entregar unha única solicitude, esta debe ser entregada no centro en que pretenda ser admitido en primeiro lugar. . A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores ou polos representantes legais. . No caso de separación, no que a patria potestade esté atribuída, con carácter exclusiva, a un deles, e preciso presentar ademais a resolución xudicial correspondente. . No caso de familia monoparental, esta deberá acreditarse segundo o recollido no artigo 25 da orde de 12 de marzo de 2013. . Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), achegarase xunto coa solicitude, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición. . Para a valoración da renda da unidade familiar, constará a cantidade que resulte da suma das casiñas da base impoñible xeral (392) e da base impoñible do aforro (402) da/as declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas (exercicio fiscal 2017). . O punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas. . Para saber se o noso centro lle pertence por zona prema AQUÍ. O noso centro é a ZONA 11.
Normativa de aplicación: Decreto 254/2012, do 13 de decembro |