CELBRACIÓN DÍA DA PAZ 2019

Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz.

Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais.

O noso mural de centro  transformouse nun “Botámonos ao Monte pola Paz” decorado cos adornos feitos por todos os nenos e nenas do colexio.

No ximnasio, xa que o bo tempo non nos acompañou, os nenos e nenas de 6º curso leron un manifesto pola paz e distintos poemas e citas sobre a Paz.

MANIFESTO POLA PAZ (6º Curso)

Finalmente cantamos todos xuntos tres cancións centradas na Paz, o Amor e a Amizade.

Como as familias nesta ocasión non puidestes asistir deixámosvos este vídeo sobre a celebración do día. Esperamos que vos guste!

 

“Un neno, un profesor, un libro e un lapis poden cambiar o mundo”

Malala Yousafzai (Premio Nobel  da Paz 2014)