ABRAZAMOS O MONTE
Baixo o lema "Abrazo o monte", no día de hoxe, os nenos e nenas de 3º a 6º de Educación Primaria do noso colexio participaron nunha xornada de convivencia xunto con outros 8 colexios de Vigo no monte de Sobreira e dos Pozos. Durante esta convivencia os nenos e nenas, uns 1300 escolares, levaron a cabo unha simbólica plantación de carballos nunha das zonas seriamente afectadas polos incendios ocorridos o 15 de outubro do ano pasado.
Con este xesto, e coas outras actividades que se realizaron hoxe, buscábase reivindicar a importancia do coidado do medio natural, en especial o coidado do noso querido espazo forestal, amosando ao mesmo tempo o noso rexeitamento cara aos incendios.
Unha información máis detallada do día de hoxe pode atoparse no seguinte enlace: http://montesdevigo.blogspot.com e visitando a nosa GALERÍA DE FOTOS
|