CIRCULAR DE BENVIDA 2018-2019
Dámoslles a benvida a un novo ano escolar! Pasamos a informarlles dalgúns aspectos a ter en conta durante este curso.
Equipo Directivo: Directora: Tali Cartelle González Xefa de Estudos: Manuela Fernández Feijóo Secretario: Ángel Ramos Vivas
Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:05 horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:15h, momento de subir ás aulas. Para as familias que o necesiten existe o Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, o que lles permitará deixar aos seus fillos a partir das 07:45 no centro escolar.
O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitar retrasos pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.
Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.
Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso. Os familiares ou acompañantes non deben permanecer xunto as filas nin acompañar aos nenos/as ata as aulas. Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.
SERVIZO DE COMEDORPagarase sempre nos primeiros días de cada mes asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telematicamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.
|