BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO
INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA AS SOLICITUDES DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS Dende o Departamento de Orientación querémosvos informar que aquelas familias que desexen solicitar unha Beca para cubrir os gastos da atención aos seus fillos en centros externos ao Colexio deberán cubrir a solicitude a que se accede a través da ligazón:
Unha vez dados de alta deberán cubrir os datos familiares e profesionais que se soliciten e levalo ao Centro Privado onde queren que o alumno/a sexa atendido durante o curso. Este centro a vez cubrirá parte da documentación.
Unha vez feitos estos pasos deberá remitirse toda a documentación xunto cos informes médicos e DNI de todos os membros da unidade familiar ao Departamento de Orientación para a súa xestión.
O prazo remata o día 27 de setembro polo que rogamos non deixen estas xestión para o último día entendendo ademáis que o departamento de orientación atende os días 3, 5 e 7 de setembro e durante as seguintes semanas os mércores dende as 12:30 ata as 14:30, e xoves e venres de 9:15 a14:15. |