AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
A Consellería de Educación ven de convocar as AXUDAS para libros de texto e material escolar para o curso 2020/2021.
Lexislación:Orde do 12 maio de 2020 (DOG 19 de maio de 2020)
Beneficiarios: Alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria.
Tipo de axuda: Alumnado de 1º e 2º de E. Primaria:
Alumnado de 3º a 6º de E. Primaria:
É imprescindible para acceder a esta axuda a devolución dos libros do curso anterior no prazo correspondente: 22-26 de xuño ( horario secretaría de 10:00 a 13:00).
Como solicitar: - Telematicamente, preferiblemente, usando a Chave 365: Entrando na aplicación e completando os diferentes apartados. ENLACE - Para a presentación no centro : Imprimindo e cubrindo o Anexo I e II e entregándoos xunto co resto da documentación no centro educativo, en horario de secretaría (de luns a venres de 10:00 a 13:00h)ANEXO I e ANEXO II O alumnado de 6º curso deberá entregar esta documentación no IES no que esté admitido para o próximo curso. Documentación: - Anexos I e II cubertos asinados polo pai,nai ou titor legal. - Orixinal e Copia do libro de familia de todos os membros, ou documentación xustificativa de cambio de situación familiar. - En caso de discapacidade ou minusvalía, certificación. - En caso de separación ou divorcio, achegar sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
Prazo: Ata o día 19 de xuño.
. INSTRUCIÓNS PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA
|