A RITMO DE TINTUREIRA! ESTILOS MUSICAIS
REGGAE REGGAE é un termo inglés que permite nomear a un estilo musical que se orixinou en Jamaica durante a década de 1960. O termo REGGAE é unha derivación da palabra RAGGA, abreviatura de RAGGAMUFFIN cuxo significado en inglés é harapiento, polo que o REGGAE considerouse durante moito tempo a música das clases máis pobres e humildes. Trátase dun xénero musical que ten como principal característica a repetición constante do seu ritmo e frecuentemente toca temáticas en contra do racismo e todo tipo de discriminación, cun alto contido social e político. Un dos grupos pioneros do REGGAE foi THE WAILERS fundado en 1963 e con integrantes célebres como PETER TOSH e BOB MARLEY considerado o REI DO REGGAE. BOB MARLEY compositor e músico nacido en Jamaica o 6 de febreiro de 1945. Triunfou en todo o mundo, exportou un novo estilo musical, o reggae, e se converteu nunha lenda. Tiña 36 anos, once fillos, trece discos e millóns de seguidores en todo o mundo cando morreu o 11 de maio de 1981 en Miami (Estados Unidos). AQUÍ TENDES UN VIDEO ( PREME NA IMAXE) |