Saída a Balaídos
Enviado por ElenaPena o 26 Abril 2018 - 12:57pm
O mestre Ángel organizounos unha saída moi especial ao estadio de Balaídos. Puidemos percorrelo enteiro,
ver a sala dos trofeos,
entrar nos vestiarios,
sentar na grada, ...
pero o máis emocionante sen dúbida foi saír ao campo a pisar (un chisquiño) o céspede.
O máis divertido, a rolda de prensa onde se presentaron as novas promesas do equipo.