O RAP DO MAGOSTO

O RAP DO MAGOSTO

Castaña, castaña,

do chan se apaña,

metida no ourizo

non é unha patraña.

Magosto, magosto,

non vaias co posto,

leva castañas

e alegra ese corpo.

 

Coidado cos dedos,

pódeste picar,

o castiñeiro protexe

o seu froito vital.

Apañando con tino,

metendo nun cesto,

deixando secar

a castaña ao solleiro.

 

Castaña, castaña...

 

Despois de ben secas

mételle o dente

ponas ao lume

para que estean ben quentes.

Despois dun tempiño

están preparadas

comemos castañas,

castañas asadas.

 

Castaña, castaña...