AVALIACION INDIVIDUALIZADA 3º PRIMARIA
Enviado por Manuela o 23 Maio 2017 - 4:17pm
Os vindeiros días 30 e 31 de maio (martes e mércores), terán lugar nos centros educativos as probas de avaliación individualizada dirixidas ao alumnado de 3º curso de primaria. Avaliaranse as competencias en comunicación lingüística e competencia matemática.
Máis información no DOGA nº 86 do venres 5 de maio de 2017, onde mediante resolución dítanse instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2016/17.
|