Taller de ciencia: o mundo microbiano.

Os rapaces de 5º e 6º de Primaria tiveron a visita de dúas investigadoras do CSIC. Logo dunha charla científica sobre o mundo dos microorganismos, adicáronse a facer dúas prácticas. A primeira nunhas placas Petri, onde deixaron a súa impresión dixital primeiro cas mans sucias e logo lavadas con xabón. Co paso dos días observaron como na parte sucia medraban moitas máis bacterias que na parte limpa.

 Na segunda práctica experimentouse con alimentos. Cada neno meteu un dedo nun vaso de auga con especias. Sacárono e colocaron unha pinga de xabón no mesmo. Ao introducilo de novo puideron percibir como as especias se afastaban do dedo.

Taller de ciencia: Don Mexillón.

Tamén os nenos e nenas de infantil tiveran o seu momento científico con Elsi, a nosa mamá científica que se prestou a levar a cabo ámbolos dous talleres no colexio. Moitas grazas dende o cole.