ENTROIDO 2016
O venres 5 de febreiro celebramos no colexio a FESTA DO ENTROIDO, adicada nesta ocasión e por mandato da nosa Meiga Tintureira ao mundo da ciencia. Disfrutamos dun tempo marabilloso, polo que puidemos desfilar polo patio e pasear os nosos disfraces polo barrio.
Finalizamos a celebración cunha nova FESTA GASTRONÓMICA, disfrutando dos ricos pratos preparados polas familias. Toda a festa resultou un éxito e pasámolo estupendamente.
Estes foron os mandatos do Meco para a semana do Entroido: O MECO MANDA, O MECO ORDENA, CUMPLE A ORDE OU SUFRIRÁS CONDENA!
O MARTES tes que vir cuns calcetíns moi coloridos por fora do pantalón e non fagas o remolón.
O MÉRCORES traerás o nariz pintado de rato se non queres caer nun burato.
A orde para o XOVES é traer unha prenda de roupa do revés, que che parece, como o ves?
O VENRES por fin virás co teu fantástico disfraz, cos teus amigos, profes e familia do mellor Entroido disfrutarás. |