MAGOSTO 2015
Enviado por Carmen o 11 Novembro 2015 - 10:11pm
O luns 9 de novembro subimos ao Monte de San Miguel de Oia para celebrar o tan esperado MAGOSTO. O alumnado de 3º a 6º de primaria chegamos ao monte camiñando e os máis pequenos no autobús. Xa todos xuntos disfrutamos do bo tempo, xogando e comendo castañas asadas por Pepe, o noso mellor asador de castañas. Foi unha saída moi divertida e pasámolo estupendamente. |