Axudas para a adquisición de material escolar. Segunda convocatoria.

A Consellería de Educación aproba (DOG 10 de Novembro) unha segunda convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar de E. Primaria, destinada ao alumnado que non puidese acollerse as da convocatoria anterior  ou aquel que tendo solicitada a axuda, resultase excluido por causa emendable. Seguen a estar dirixidas a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 5.400 €. As contías serán de 50 € por alumno/a.

Información:

    Prazo: 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde.