COPLAS DO MECO. ENTROIDO 2015
Me- Me Meco ruín e malvado
nós querémoste queimar
porque ti é-lo culpable
dos males da humanidá.
Cóntannos que a crise está xa a rematar
pero a nós os cartos cando nos van chegar?
Este ano temos moitas eleccións,
moitas caras novas, quen será o mellor?
Me- Me Meco ruín e malvado
nós querémoste queimar...
Saen da cadea, entran en prisión,
xa non queda sitio para tanto ladrón.
Á nosa directora, nosa querida Inés
quixeron castigala pero salvouna o “jues”.
Me- Me Meco ruín e malvado
nós querémoste queimar...
Pero nestes días non nos preocupamos,
comemos, bebemos e tamén bailamos.
E xa o noso xuizo hai que rematalo,
ao malvado Meco mandamos queimalo.
Me- Me Meco ruín e malvado
nós querémoste queimar...