DÍA DA PAZ 2015

  O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz no colexio. Cantamos dúas cancións de amizade e convivencia: Cantarela dos nenos -máis coñecida entre nós por Amiguiños todos- e a canción en inglés Light a Candle for Peace.

  Varias alumnas de 6º leron uns fragmentos do discurso final da película "O gran ditador" de Charles Chaplin, moi relacionados coa celebración do Día da Paz e mais co noso tema anual do cine. As paredes e os taboleiros do colexio foron tamén adornados con carteis alusivos a ambolosdous temas.

  Para rematar, os nenos e nenas do colexio confeccionaron marcapáxinas aportados pola ONG "Save the Children" que se porán á venta proximamente para recadar fondos a favor da infancia máis necesitada.

Mira o álbum de fotos