SEMPRE ROSALÍA
Este ano conmemórase o 150 aniversario da publicación de Cantares galegos, a primeira obra publicada en lingua galega na súa totalidade. Por este motivo, no cole o Xoves 28 de Febreiro limos unha escolma de poemas de Rosalía nas aulas e, durante o tempo de recreo, lembrámola a través das voces de Amancio Prada, Luz Casal, Carlos Núñez, entre outros.
Lugar máis hermoso non houbo na terra...
Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo non achara, que aquel de Galicia, ¡Galicia encantada! Galicia florida, Cal ela ningunha, de frores cuberta, cuberta de espumas.
|
De espumas que o mare con pelras gomita, de froles que nacen o pé das fontiñas. De valles tan fondos, tan verdes, tan frescos, que as penas se calman no máis que con velos. Que os ánxeles neles dormidos se quedan, xa en forma de pombas, xa en forma de niebras. CANTARES GALEGOS |
Disfrutade da súa poesía cos seguintes vídeos: