Semana da poesía adicada a Rosalía de Castro
Enviado por admin o 18 Marzo 2012 - 11:00am
Seguindo a convocatoria da Biblioteca do centro e coincidindo co inicio da primavera, puxémonos poéticos no colexio e celabramos a Semana da Poesía, adicada a Rosalía de Castro no 175 aniversario do seu nacemento. Todos os cursos prepararon a súa visión particular dos poemas de Rosalía: recitados, cancións, murais, vídeos, representacións... O mércores, xoves e venres celebráronse as actuacións dos distintos cursos para dar a coñecer aos demais as súas realizacións. Información sobre Rosalía de Castro Máis información no blogue da Meiga Tuntureira |