Obradoiro de xeado
Enviado por Eva o 4 Xuño 2024 - 11:00am
XEARTE BRIGITTE O mes pasado tivemos a gran sorte de ter un obradoiro de xeados artesanais da man de Brigitte. Esta emprendedora tiña un sono, do cal xurdiu a xeadería xearte Brigitte. O que un día comezou como unha pequena parcela de traballo, a día de hoxe converteuse na súa paixón polo xeado e por descubrir todo un mundo de sensacións de sabores. Son xeados artesanais elaborados na súa propia tenda e coidando todos os detalles, desde unha selección máxima de cada uns das materias primas ata o proceso de elaboración.
|