1º E 2º TRIMESTRE DE 6º CURSO DE PRIMARIA
E comezamos rematando a actividade de compostaxe que lles explicamos o curso pasado aos nenos e nenas de tódolos niveis de Primaria. E así miraron como se leva á práctica!!
Asistimos á inauguración da Biblioteca invitad@s pola Meiga Tintureira! O noso proxecto de centro tratará nada máis e nada menos que do Camiño de Santiago!
O noso Samaín coas cabazas que fixemos, os relatos que contamos e as merendas que tomamos, foi absolutamente terrorífico:
Elaboramos o noso calendario escolar adicado ao mes de maio, concretamente ao Día das Letras Galegas, tendo este ano como protagonista a Luisa Villalta.
No Tintu encántannos as celebracións. Para festexar o Magosto, picamos as castañas e despois as comemos en moi boa compañía .
E por suposto, non podía faltar o noso Nadal, no que fixemos adornos que colgamos do patio cuberto, intercambiamos tarxetas de felicitación con nenos e nenas doutros cursos e o celebramos por todo o alto no noso festival.
Participamos en carreiras solidarias e competicións deportivas:
Fixemos proxectos de diferentes materias:
Matemáticas: desenvolvemento plano e posterior montaxe de poliedros e corpos redondos.
Traballamos coas regletas de Cuisenaire para comprender ben os múltiplos e divisores:
CC. Naturais: "a función de relación". Diferentes aparatos que interveñen: dixestivo, respiratorio, circulatorio e excretor. CC. Sociais: comezamos os nosos primeiros traballos de presentación en ordenador. Esta vez tocan as CC.AA:
Lingua Galega e Castelá: contamos os nosos relatos (fábulas, lendas...) e fixemos debates e coloquios. Plástica: elaboramos unhas cestas super chulas con papel de xornal:
Participamos activamente en actuacións e charlas que viñeron ao cole
A Policía Nacional viu explicarnos o que son os delitos de odio nas redes:
A asociación Frangil falounos da leucemia e de todo o que está facendo, e nós tamén podemos facer, para colaborar e axudar ás persoas que padecen esta enfermidade. Trouxéronnos un planetario ao cole e con el aprendemos unha morea de cousas do noso sistema solar. Mágoa que non se puidesen sacar fotos por dentro!!
Para o Día da Paz elaboramos pegadas con mensaxes que sacaron o mellor de nós. Ademáis, demos un precioso discurso que tedes na páxina web do cole.
Este Entroido fomos peregrinos e peregrinas do máis moderno. Pasámolo en grande! Tedes na web do cole vídeos e fotos chulísimas. Desfrutádeas!
O día de Rosalía de Castro, a nosa galega máis universal, transcurriu cheo de poesía e música:
Ese recitado tan marabilloso do famoso poema " Miña casiña, meu lar" interpretado por todo o alumnado e o acompañamento musical levado a cabo por uns músicos super especiais, os atoparedes na web do cole. Non volos perdades!!
|