ADMISIÓN NOVO ALUMNADO
Admisión de novo alumnado.
A quen vai dirixido este proceso de admisión: - Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo. - Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio. - Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos).
Prazas dispoñibles no noso centro:
- 4º de Infantil, 20 vacantes - 5º Infantil, 6 vacantes - 6º Infantil, 0 vanactes - 1º Primaria, 7 vacantes - 2º Primaria 0 vacantes - 3º Primaria, 0vacantes - 4º Primaria, 0 vacantes - 5º Primaria, 13 vacantes - 6º Primaria, 0 vacantes
Prazo: 1-20 marzo
Solicitude: Imprimir, cubrir e entregar ANEXO II
As solicitudes poden presentarse tamén por vía electrónica, mediante formulario normalizado disponible na aplicación informática “admisionalumnado” (https://www.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Que debo entregar: . O anexo II (Cod. ED550B) cuberto e asinado. . Fotocopia do libro de familia de todos os membros da unidade familiar
Lugar de entrega:
. Na secretaría do centro solicitado como 1ª opción.
No caso do noso centro preferiblemente de 09:15 a 10:00.
Que debo ter en conta: . Cada alumno/a somentes pode entregar unha única solicitude, esta debe ser entregada no centro en que pretenda ser admitido en primeiro lugar. . A solicitude deberá ser asinada por ambos proxenitores ou polos representantes legais. . No caso de separación, no que a patria potestade esté atribuída, con carácter exclusiva, a un deles, e preciso presentar ademais a resolución xudicial correspondente. . No caso de familia monoparental, esta deberá acreditarse segundo o recollido no artigo 25 da orde de 12 de marzo de 2013. . Para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (NEAE), achegarase xunto coa solicitude, a documentación que acredite as circunstancias que fundamentan esta petición. . Para a valoración da renda da unidade familiar, constará a cantidade que resulte da suma das casiñas da base impoñible xeral (392) e da base impoñible do aforro (402) da/as declaración/s do imposto sobre a renda das persoas físicas (exercicio fiscal 2017). . O punto do baremo que fai referencia ao criterio complementario asignado polo centro será otorgado aos fillos de antigos alumnos ou alumnas.
|
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude_Admisión_ED550B.pdf | 1.39 MB |