CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ
Enviado por Manuela o 31 Xaneiro 2024 - 11:34am
Desde o ano 1964 celébrase cada 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Nesta data conmemórase a morte de Gandhi, a quen curiosamente non lle foi nunca concedido o Premio Nobel da Paz. Un ano máis no colexio celebramos esta festividade con traballos de aula e diversas actividades plásticas e musicais. O mural de centro transformouse nun “CAMIÑANDO XUNTOS POLA PAZ” decorado coas PEGADAS feitas por todos os nenos e nenas do colexio.
O alumnado de sexto leu un precioso manifesto pola Paz.
Posteriormente todos xuntos bailamos e cantamos "O Baile da Paz"
|