Asemblea ANPA 29 Setembro
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCI@S DA ANPA
A Anpa Tintureira do CEIP A Paz, convócavos a unha Asemblea Xeral Ordinaria de socios o día 29 de setembro do 2023 ás 19:00h en primeira convocatoria e ás 19:30h en segunda convocatoria, cos seguintes temas a tratar:
ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. 2.- Balance económico e aprobación de contas, se procede, do curso 2022 / 2023 3.- Balance de actividades e peche do exercicio 2022 / 2023 4.- Proxecto anual da ANPA para o curso 2023 / 2024 5.- Actividades extraescolares e Servizo de madrugadores 6.- Rogos e preguntas.
Pregamos a máxima asistencia a esta reunión, pola importancia da mesma. En Coruxo, 11 de setembro de 2023
A Xunta Directiva |