RESUMO DE ACTIVIDADES DO TERCEIRO TRIMESTRE- 5º CURSO

 

Este terceiro trimestre non foi longo, pero si intenso. Levamos a cabo unha morea de actividades. Velaquí tedes un resumo das mesmas:

 

1. Aniversarios

Tivemos uns poucos. Parabéns!!:

 

 

2. Contacontos

Suuuper divertido, no que descubrimos as grandes dotes teatrais que teñen algúns da claseGuay

 

 

3. Titorización de lecturas

Como xa os nosos nenos e nenas están a piques de ser os maiores do cole, tocoulles a bonita tarefa de titorizar a lectura dun conto aos máis peques. O fixestes fenomenal, rapaces!

 

 

4. Atletismo

 

Grazas a estes nenos e nenas e ao profe Ángel, conseguimos a victoria nas probas de atletismo. Primeiro foi Vigo, e despóis Pontevedra Guiño

 

5. Charlas, obradoiros e concursos

 

Tamén tivemos charlas moi interesantes. A Policía Nacional viunos informar dos perigos do Internet, e do instituto oceanográfico faláronnos da cría do mexilón. Para rematar, fixemos un obradoiro moi guai.Risa

 

Que saibades que participamos nun concurso de cociña, no que nos fixeron preguntas sobre tipos de comidas e alimentación saudable e acertamos prácticamente todas as respostas. Iso si, tivemos uns colaboradores estupendos. Os rapaces e rapazas de segundo de Primaria!!Guiño


 

6. Festivais e celebracións

 

Recopilamos as palabras máis fermosas en galego que se nos puideron ocorrer:

 

 

e deu comezo o noso festival, no que bailamos como tolos ao ritmo da música cuns músicos moi,moi especiais Guiño:

 


Como remate, conseguimos acadar algún premioGuiño

 

 

 e que dicir do noso festival de fin de curso? temos no cole auténtic@s profesionais do hip-hop:

 

 

7. Actividades para o Proxecto Competencial

Baseado como sabedes, na compostaxe, coa finalidade de por en marcha o horto escolar, estes nenos e nenas recopilaron información do tema e a plasmaron en murais que foron explicando polos diferentes niveis do cole.

 8. Cantiga, danza e inventos

Lembrades que do segundo trimestre nos quedaran pendentes por presentar unha cantiga e unha danza da Idade Media? Pois aquí tedes unha das cantigas máis famosas do trovador Mendinho (séc. XII), titulada "Sedíame eu na ermida de San Simón".

Primeiro, os nenos e nenas da clase a cantan, e logo a bailan. Esta bonita danza non sería posible sen a colaboración da nosa estupenda profe de Música, Eva. Grazas, profe!!!Beso

 

 

 

 

 

 

"A Idade Moderna" foi unha época de descubrimentos e inventos. Intentamos poñernos na pel deses grandes inventores e inventoras, e anque as nosas creacións non son desa época, si que polo menos vivimos o proceso de creación destas marabillasGuiño.

 

 Que saibades que faremos unha exposición a principios do curso que ven, explicando o funcionamento de cada un dos inventos realizados.

 

9. Excursión de Fin de Curso

 

 E ao fin chegou o momento da despedida ata o próximo curso. O pasamos fenomenal no Grove, facendo unha morea de actividades, convivindo, e gardando tantas e tantas lembranzas que nos van acompañar sempre.Guiño

 

 

 Ata o próximo curso!!!GuayRisa