REMATAMOS O TRIMESTRE CON "200 ROSCÓNS DE PASCUA" NUN OBRADOIRO MOI DOCE.
Fomos noticia con este obradoio tan doce, que nos organizou o noso estupendo equipo de cociña, coa nosa cociñeira Libia como promotora. Mil grazas, porque foi un éxito e repetiremos os vindeiro anos.
CLICADE NO ENLACE PARA VER A NOTICIA: https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2023/03/31/maestros-reposteros-cantera-85421910.html
Os últimos días de cole, fixemos un obradoiro de roscón de Pascua con todos os nenos e nenas do colexio. Que ben o pasamos todos! Algún entrou no comedor, despois de lavar as mans, como se de un quirófano se tratase. Hixiene ante todo!!! Qué ilusión! e canta creatividade nun roscón! Redondos, avalados, trenzados, bolos, con azucre, con moita azucre e con "unha poca" laranxa. No primeiro turno, case quedamos sen laranxas, e tivemos que racionalas nos seguintes. Gracias infinitas a todos e todas os que fixéstedes posible este obradoiro: persoal de cociña, profesorado, alumnado, Iago e esas nais que sempre están para todo. Sempre da gusto mirar a toda a comunidade, remar cara o mesmo lado. E nos queremos esquecernos, e dende a nosa cociña pedimos disculpas pola intromisión en tan laboriosa profesión. A dos traballadores e traballadoras dos obradoiros de panadarías e pastelerías, que estes días están cos fornos acendidos as 24 horas. Porque non queren que falte ningún roscón nas nosas casas. Esperamos que chegara algo as casas, e o pudideses saborear en familia.
E Tamén houbo o premio do gran roscón... ¡NORABOA, DANI!
|