RECEITAS LITERARIAS COA NOSA COCIÑEIRA LIBIA: DO CONTO DE ALICIA NO PAÍS DAS MARAVILLAS AO RIQUÍSIMO SUPERBOCATA DE CHOUPAS NO COMEDOR.
"Érase unha vez a aventura de ler" así se chama o proxecto educativo deste curso escolar 2022/2023. Grazas ás ideas da nosa cociñeira Libia, hoxe ó noso bocadillo de choupa de pan trigo autóctono galego e rúcula ecolóxica, pasóulle coma a Alicia, MEDRO E MEDROU!!! Non nos visitou o Sombrereiro Tolo para convidarnos até, pero igual que no libro de "Alicia no país das marabillas", no comedor do CEIP A Paz Tintureira calquera día nos vale para celebrar os "non cumpreanos". E hoxe ás únicas que se lles cortou a cabez, foi ás estupendas choupas que nos trouxo Pescados Loureda, e como sempre ao "xuizo", fomos nós como acusados, pero a condea foi mínima. Os nosos proveedores: Pescados Loureda, A Leira de Lola e Aboamigalla. Slow food Compostela.
|