PROMOVIDO POR FOANPAS E A TRAVÉS DA NOSA ANPA, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA COMEZA UN PROXECTO PARA MELLORAR OS NOSO PATIOS.
Enviado por ElenaValle o 29 Maio 2022 - 1:02pm
Dende FOANPAS e promovido pola nosa ANPA, Miudiño S. Coop. Galega, que leva anos percorrendo Galicia axudando e guiando ás comunidades educativas na transformación dos seus espazos escolares, estivo no noso cole xa que toda a comunidade, educativa estamos interesados en darlle unha volta aos nosos patios.
Con esta sesión, comezamos con unha serie de formacións encamiñadas ás novas pedagoxías e a acadar comunidades educativas inclusivas e cohexionadas. Esta primeira formación foi encamiñada a vivir e pensar os patios das escolas como lugares de aprendizaxe e disfrute. Vimos que a necesidade urxente de intervir nos patios, como podemos facelo e cal é o camiño con maior probabilidade de éxito, ademais de resolver as dúbidas e preocupacións que con máis frecuencia aparecen. A idea é o comezo, e aparecen as gañas, a ilusión, as tormentas de ideas e as dúbidas e os conflitos. Agora temos que empezar a reflexionar sobre: ¿Que queremos?¿Ata onde podemos? ¿Como organizamos espazos? ¿que poñemos?. CONTINUARÁ.
|
|