O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMAIRA , TIVO AS CHARLAS EDUCATIVAS DO PLAN DIRECTOR, ORGANIZADAS POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO CENTRO.

Esta actividade foi proposta polo Departamento de Orientación. O Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos”, ofrecenos aos centros educativos, a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas impartidas por expertos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.  Poden ser sobre diferentes temáticas que favorezan a mellora da convivencia e o achegamento destes profesionais aos cidadáns ao mesmo tempo que facilita actuacións moi en consonancia coa Acción Titorial e as propostas do Plan de Convivencia desenvolvidas nos centros. As charlas que resultaron de gran interesa para alumnado e profesorado, foron:

Co alumando de 5º de E. Primaria sobre riscos asociados a Internet  e ás novas tecnoloxías (especialmente acoso sexual, difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles, venta de menores, prostitución infantil e utilización de menores na pornografía).

Co alumando de 6º de E. Primaria sobre acoso escolar.