O ALUMNADO DE 5º E 6º TIVO UNHA CHARLA DE EDUCACIÓN VIARIA IMPARTIDA POR DOUS POLICIAS DA SECCIÓN DE EDUC. VIARIA DA POLICÍA LOCAL DE VIGO.

Con esta actividade trataron de transmitir a importancia dos valores que lles axudan a interiorizar e empregar hábitos e actitudes , que garantan a prevención de riscos nas vías de uso público, como peóns o usuarios de algún medio de transporte.

A educación na escola e nas familias, é o pilar fundamental para a prevención de accidentes de tráfico, e para que teñamos unha boa convivencia nas nosa rúas, xa que as personas estamos detrás da maioría das incidencias viales. Ás veces, é de forma inconsciente ou por descoñecemento. Pero a maioría das ocasiones, é de maneira intencionada por non respectar as normas que nos protexen a todos.

Por iso, estas charlas pretenden concienciar ao alumnado para que mellore no seu facer como cidadán, porque iso axudará a mellora o lugar no que vivimos e todos gozaremos máis das posibilidades que nos ofrece.