XA TEMOS RECEITA GAÑADORA!
Enviado por Manuela o 2 Abril 2022 - 9:42pm
E, despois de moito esperar, chegou o día no que o noso padriño, o gran chef Pepe Solla, anuncie a receita gañadora do concurso "Hoxe comemos na casa de..." E a Receita gañadora é a de Roque Rey Bangueses de 1° de primaria que conquistou a Pepe Solla e ao xurado coa súas "Filloas recheas de carne de cocido" O proximo venres 8 de abril degustaremos está apetitosa receita no noso comedor e Roque recibirá un agasallo moi especial da man do mesmo Pepe Solla. Grazas ao noso equipo de cociña por facermos participar destas actividades tan interesantes, Parabéns a Roque e á súa familia (en especial á súa avoa) e a tódalas familias participantes neste concurso no que o premio é para todas e todos.
BO PROVEITO!!! |