O ALUMNADO DE 5º e 6º DE E.P. " TIVO A CHARLA "O MONTE É VIDA", IMPARTIDA POR AXENTES MEDIOAMBIENTAIS DO DISTRITO FORESTAL XVIII (VIGO-BAIXO MIÑO).
O Pasado luns, día 21 de marzo, dous axentes Medioambientais do Distrito Forestal XVIII (Vigo - Baixo Miño), deron unha charla ao alumnado de 5º e 6º de Educ. Primaria, titulada “O monte é vida”. Ensináronnos os tipos de montes que temos, o importantes que son para nós pola riqueza que gardan, e sobre todo, como debemos coidalos e actuar para que a vida e a vexetación que teñen, estean a salvo do perigo do lume. Coñecemos o seu traballo, comprendemos a importancia das súa tarefas para salvagardar os nosos montes. Pero tamén, que todos e todas temos unha parte moi importante de responsabilidade, para coidalos, protexelos e gozar deles sen poñelos en perigo. Resultou moi interesante e aos nenos e nenas, gustoulles moito. Dende o centro, agradecemos a súa colaboración neste aspecto da educación do noso alumnado.
|