"RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS" A SEGUNDA CHARLA PARA FAMILIAS ORGANIZADA POR PLDA E IMPARTIDA POLA ASOCIACIÓN ÉRGUETE.
O pasado martes pola tarde, tivemos no centro a segunda das charlas solicitadas polo Departamento de Orientación que organiza o PLDA de Vigo. Estas charlas están enmarcadas no Plan de ámbito familiar “Máis que un teito” e son unha gran oportunidade para que as familias poidades, recibir información sobre temas que vos interesan, compartir experiencias e resolver dúbidas que se presentan continuamente na educación dos vosos fillos e fillas. Como a anterior charla que se desenvolveu na biblioteca do centro, foi impartida por Lucía da Asociación Érguete, e tratou sobre “Resolución de conflictos”. Tendo en conta a situación que estamos a vivir, grazas pola vosa asistencia e participación compartindo dúbidas e experiencias. Educar xuntos, sempre é máis doado. |