PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

 Iníciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 2022-2023.

 

PRIMEIRA FASE: RESERVA DE PRAZA

Prazo: 11 xaneiro-8 febreiro

Solicitude: Anexo I

Lugar de entrega: secretaría do noso centro

Dirixida ao alumnado de 6º de Educación Primaria que vaia realizar 1º da ESO no curso 22-23 no noso centro adscrito, o IES Coruxo. Deberán entregar na secretaría do noso centro o Anexo I de reserva de praza cuberto e asinado.

Poden presentar tamén esta solicitude de maneira telemática na Sede Electrónica da Xunta. ENLACE

O alumnado que estea actualmente matriculado nalgún curso no noso centro e que non vaia cambiar de colexio, non necesita facer ningún trámite, a súa praza queda automaticamente reservada para o curso seguinte. Se desexan facer algún cambio con respecto a materia optativa relixión/valores, deberán solicitar este cambio no centro durante este prazo.

 

SEGUNDA FASE:  NOVA ADMISIÓN

Prazo: 1-20 marzo

Solicitude: Anexo II

Lugar de entrega: O centro de destino

Esta segunda fase vai dirixida ao:

- Alumnado de 6º de Educación Primaria que queira continuar os seus estudos da ESO nun instituto diferente ao IES Coruxo.

- Alumnado dos distintos cursos do noso centro que queira cambiar de colexio.

- Alumnado que se escolariza por primeira vez: 4º Educación Infantil (3 anos)

 

Nas próximas semanas publicarase  máis información relacionada con este proceso de admisión.

MAIS INFORMACIÓN:  

www.edu.xunta.gal