PARTICIPAMOS NA INICIATIVA DE ACOUGO "DÍA DO PIXAMA"

O pasado día 19 de novembro, alumnado, profesorado e ata o persoal da cociña e coidadoras do comedor, unímonos a iniciativa de ACOUGO, e viñemos ao colexio en pixama e bata. Conmemoramos así, o día dos dereitos da Infancia e Adolescencia. E lembramos o momento da hora de ir a durmir, nos nosos fogares, e coas nosas familias.

Con esta iniciativa, conversamos co noso alumnado sobre a importancia do Acollemento Familiar para garantir o dereito de vivir en familia, e que hai nenos e nenas, que por diferentes circunstancias non o teñen.

 

As diferentes casiñas, os peluches, os pixamas e as batas, os amigos e amigas, e unha boa merenda... Somos afortunados!