ASÍ CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO PAN CO NOSO EQUIPAZO DE COCIÑA E A MEIGA TINTUREIRA
Enviado por ElenaValle o 15 Outubro 2021 - 10:07pm
O 16 de outubro celébrase o "Día Mundial do Pan" e o noso maravilloso equipo de cociña, coa axuda da Meiga Tintureira da nosa biblioteca, quixeron festexalo enriquecendo o "Proxecto de Xermola Xermoliño", no que participamos este ano, co lema "O ler e o bo xantar, axudan a medrar". Por iso, prepararon un riquísimo agasallo para todo o cole: un bolsiña sorpresa cun riquísimo boliño de pan feito con masa nai. Un boliño de pan, pan, porque no noso cole, cómese moi rico e saudable. E tamén, cun imán para a neveira dos iogures ecolóxicos que comemos no cole, da "Casa grande Xanceda", que tedes que mirar coidadosamente, porque neles hai un sorteo moi moi interesante. Graciñas a Libia, Ana e Iago, o noso gran equipo de cociña por enriquecer o noso proxecto educativo, coas súas riquísimas e saudables propostas. Sodes xeniais!!! Aquí vos deixamos unhas fotos deste día tan especial.
|