Circular Benvida Curso 2021/2022

Reciban de parte do Colexio a benvida neste curso 2021-22 e algunhas informacións:

 

HORARIOS

Madrugadores:

7:45h a 9:15h

Entrada:

Infantil: 09:10h (porta principal)

1º/2º: 09.00h (porta principal)

3º/4º: 09:10h (porta ludoteca)

5º/6º: 09:00h (porta ludoteca)

O alumnado transportado terá prioridade e entrará polo portalón.

Os irmáns poderán entrar xuntos co horario do irmán menor.

Recreos:

E. Infantil e 1º e 2º de E.P: 11:30h a 12:00 h

De 3º a 6º de E. Primaria : 12.00h a 12:30 h

Saída:

E. Infantil 13:45h

E. Primaria 14:00h

Comedor:

13:30h  a 14:45h

Recollida do alumnado entre 15:00h e 15:15h

Saída autobuses: de 15:15h a 15:25h

Actividades Extraescolares:

Pendente instrucións de inspección

Titorías   (previa cita)

Martes de 17:30h a 18:00h

Orientación (previa cita)

Xoves e Venres

Secretaría

Luns de 09:15h a 10:00h

Venres de 10:00h a 11:30h

 

Equipo Directivo:

Directora: Elena Pena Romero

Xefa de Estudos: Mª Elena Valle Fernández

Secretario: Mª Jesús de Busto Jorge

 

Apertura anticipada do colexio: As portas abriranse ás 09:00h. horas, os nenos/as que non sexan usuarios de transporte escolar deberán permanecer fora do centro e baixo o coidado dos seus familiares ata ás 09:00h, momento de colocarse nas súas filas e subir ás aulas.

 

O Servizo de Madrugadores, xestionado pola ANPA, lles permitirá ás familias que o precisen, deixar aos seus fillos/as a partir das 07:45 no centro escolar.

 

AS FAMILIAS NON PODERÁN ENTRAR NO CENTRO. Se precisan dar algunha información aos docentes, deberán avisar a traves do alumnado que se acercará á porta, se lle é posible.

 

O horario das clases é obrigatorio para todos. Deben evitarse retrasos, pois as portas de entrada pecharanse pasados uns minutos despois das subidas das filas.

 

Os retrasos e as saídas en horario lectivo deben xustificarse por escrito ao profesorado, e sempre que sexa posible anuncialos con antelación. Ante faltas reiteradas e/ou inxustificadas por impuntualidade ou absentismo aplicarase o protocolo recollido no Plan de Convivencia do Centro.

 

Os nenos e nenas formarán filas nos lugares indicados para entrar co seu curso.

 

Se algún pai/nai se ve na necesidade de acceder á aula do seu fillo/a, xa sexa para dar un recado ou levar ao neno/a médico, deberá pasar polo despacho de dirección. Non se pode acceder ás aulas unha vez iniciada a xornada lectiva.

 

SERVIZO DE COMEDOR, Pagarase sempre nos primeiros días de cada mes, asistindo persoalmente á entidade bancaria cos impresos entregados polo colexio ou telemáticamente, seguindo as instrucións da web do centro. Lembren que calquera cambio na utilización deste servizo debe ser comunicado ao centro.

Cando os rapaces non empreguen este servizo, terán que comunicalo ao centro antes das 10:00h da mañá. Se non ese día seralle aboado de igual maneira.

 

                                                        PERíODOS NON LECTIVOS

  • Nadal:  do 22 de decembro ao 7 de xaneiro, ambos inclusive. 
  • Entroido: do 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo. 
  • Semana Santa: do 11 ao 18 de abril, ambos inclusive 
  • Días non lectivos:  propostas o 7 de decembro martes, ou 16 de maio que é luns. 
  • Remate do curso: 22 de xuño.

  

                        Un saúdo. 

Equipo Directivo e Claustro de Profesorado do CEIP A Paz 

 

DESCARGA CIRCULAR BENVIDA

AdxuntoTamaño
Descarga Circular Benvida Centro.pdf132.22 KB