Comunicado ANPA: Servizo Madrugadores

 

ANPA do CEIP A Paz -  Tintureira

anpatintureira@hotmail.com - 662 033 385

 

 

Benqueridas familias:

Co motivo do inicio do curso escolar o próximo xoves día 9 de setembro, informamos ás familias da posta en marcha novamente do Servizo de Madrugadores no cole durante o curso 2021/2022.

O Servizo de Madrugadores estará dispoñible para aqueles nenos que teñen que chegar antes o cole.

Monitora: Rebeca              Horario: de 7:45 a 9.15                 Material: Ningún.

 

Ofrécese:

  • almorzo opcional, variado e saudable.
  • actividades lúdicas con temática estacional.

 

Os nenos deben asistir de forma continuada (este ano non podemos ofrecer a opción de días soltos por ter que atenernos ao protocolo do Covid-19), e sempre temos que ter una mínima información do neno. Así que se algún quere facer uso deste servizo, solicitade a ficha de inscrición o propio xoves á monitora de madrugadores.

 

Prezos (ao mes por neno):

Non socio

Socio

Con Almorzo:

Medio mes (semanas alternas)

 

30 €

 

25 €

Mes completo

45 €

40 €

Mes completo

(Familia numerosa)

40 €

35 €

Sen Almorzo:

Medio mes (semanas alternas)

20 €

15 €

Mes completo

25 €

20 €

Mes completo

(Familia numerosa)

20 €

 

 15 €

 

 

Seguro obrigatorio por neno (Anual)   -  5 €

 

Para poder asistir o primeiro día ao servizo de madrugadores (xoves 09/09/2021) debedes enviarnos un whatsapp antes do mércores día 08/09/2021 ao número da ANPA 662033385 indicando o nome e apelidos do neno/a, o curso no que está matriculado e que horario e servizo vai necesitar.