LISTAS DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS 21-22
Publicamos as listas definitivas da adxudicación do Fondo de Libros para o curso 21-22. Estes libros de texto serán entregados polas titoras ao alumnado unha vez iniciado o curso escolar. Con respecto aos vales, tanto de material para toda primaria, como para a compra de libros para 1º e 2º curso, serán entregados os días 7, 8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h. Aqueles vales que queden sen recoller poderán ser recollidos na primeira semana de setembro. Para a recollida dos vales non esquezan traer o DNI da persoa solicitante, ou autorización firmada polo solicitante no caso de que sexa outra persoa a que faga a retirada do vale.
Listas Definitivas 3º curso: Enlace adxudicacións Listas Definitivas 4º curso: Existen libros para todo o alumnado Listas Definitivas 5º curso: Enlace adxudicacións Listas Definitivas 6º curso: Existen libros para todos o alumnado
Aclaracións: - Ao alumnado de 3º recoméndaselle non mercar ningún libro de texto ata unha vez iniciado o curso escolar, xa que é posible que haxa exemplares para todos. - Lembren que o caderno de inglés debe ser mercado por todo o alumnado, xa que é considerado material funxible.
Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Teléfono: 886120271 |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
LISTAS DEFINITIVAS 3º 21-22.pdf | 268.26 KB |
LISTAS DEFINITIVAS 5º 21-22.pdf | 272.61 KB |