DÍA DA MULLER 2021
Enviado por Chus o 14 Marzo 2021 - 10:30pm
Cada oito de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoas, en pé de igualdade co home.
O Equipo de Biblioteca prepararou un estupendo recuncho adicado ás mulleres, no que se poden atopar biografías e obras de diferentes tipos. Agardamos que vos guste.
Mes de marzo...mes da muller!!
|