INFORMACIÓN FONDO DE LIBROS E VALES
LIBROS DE TEXTO DE 3º A 6º DE PRIMARIA Publicamos as LISTAS PROVISIONAIS do alumnado beneficiario das axudas do Fondo de Libros para o curso 2020/2021. Teñen un período de dous días para alegar reclamacións a esta listaxe provisional, para elo deberán poñerse en contacto co centro a través do correo electrónico ou por teléfono en horario de 10 a 14h. A publicación destas listas está dispoñible no taboleiro do centro.
Deberán ter en conta a seguinte información: - O día 10 de xullo publicaranse as listas definitivas. - Na listaxe provisional aparece só o número de libros que lle foron asignados a cada alumno, na listaxe definitiva aparecen especificados cales son eses libros. Se lle foron adxudicados 6 libros significa que lle foron concedidos todos, nese caso soamente deberá mercar o caderno de inglés, tal como aparece especificado na lista de libros de cada curso. - Os libros de texto serán entregados ao alumnado beneficiario en setembro unha vez iniciadas as clases lectivas.
VALES PARA LIBROS (1º-2º) E MATERIAL (1º a 6º)
A entrega destes vales ás familias beneficiadas levarase a cabo os días 9 e 10 de xullo (xoves e venres) en horario de 10 a 14h.
Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Teléfono: 886120271 |