INSTRUCCIÓNS SOLICITUDES COMEDOR ESCOLAR ALUMNADO CURSO 21-22
O alumnado que desexe facer uso do servizo de comedor no vindeiro curso 21-22 deberá presentar a seguinte documentación no centro. Poderán pasar a entregar esta documentación os días 7, 8 e 9 de xullo en horario de 10 a 14h. Documentación a presentar: - Entregarán unha única solicitude para todos os irmáns, debidamente cuberta e asinada, indicando os datos do declarante,cónxuxe e os fill@s que solicitan o comedor escolar no CEIP A PAZ-TINTUREIRA. - Na solicitude ademáis deberán cubrir a casilla que corresponda, (gratuidade total, pagar 1€, pagar 2,50€ ou pagar 4,50€), según os ingresos obtidos dos membros computables da unidade familiar (pai-nai), declarados na renda do exercicio de 2020. Deberán sumar os ingresos do pai e da nai durante o ano 2019 e o resultado dividilo entre os membros da unidade familiar (pai-nai-fillos). Según o resultado final obtido, marcarán a casilla que corresponda. ANEXO II - Modelo de autodeclaración - Nos casos de alerxias alimentarias presentar xustificante médico. A ter en conta: - Se algún membro da unidade familiar ten minusvalía, computa por dous, (exemplo: se son 4 persoas na unidade familiar e un deles ten minusvalía, a división entre os membros da unidade familiar sería entre 5, xa que o que ten minusvalía computa por dous). - Se algún membro da unidade familiar ten diagnosticada unha minusvalía igual ou superior ó 33%, no ano 2019, deberá adxuntar fotocopia da documentación que o acredite. - Se os membros computables da unidade familiar non obtiveron ingresos durante o ano 2019, deberán marcar a casilla “gratuidade total”. |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Impreso solicitud comedor 21-22.pdf | 237.69 KB |