REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 20-21
SOLICITUDE DE PRAZA ( 11 Maio-18 maio)
Este proceso está dirixido a: - O alumnado novo que vaia cursar 4º de Educación Infantil (3 anos) no curso 20-21. - O alumnado procedente doutros centros. - O alumnado de 6º de Primaria que vaia cursar 1º da ESO noutro centro diferente ao seu centro adscrito. Entregar cuberto o ANEXO II no centro solicitado como 1ª opción (deberá vir asinado polos dous proxenitores), xunto coa seguinte documentación: - Copia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia da folla na que está inscrito/a o alumno/a que se vai matricular. - Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso. IMPORTANTE!!! O horario de atención ao público será de 10:00 a 13:30 previa cita ( telefónica ou por correo electrónico). Teléfono do centro: 886120271 Correo electrónico: ceip.apaz@edu.xunta.es Daranse citas individuais cada 15 minutos, prégase puntualidade. Ao centro acudirá só un adulto por familia, recoméndase vir con mascarilla. Poden tamén presentar esta solicitude na Sede electrónica da Xunta de Galicia ENLACE MAIS INFORMACIÓN: |