blogue deSilvana
NADAL 2023
Enviado por Silvana o 1 Xaneiro 2024 - 9:26pm
Os últimos días de decembro sempre están cheos de emoción, acércanse as vacacións de Nadal, acércase a chegada de Papá Noel, o fin de ano coas súas 12 badaladas e uvas correspondentes, e tamén nós veñen a visitar os Reis Magos! Son días de moitas ilusións e no colexio quixemos compartir os últimos días coa ilusión de que xa estabamos de celebración! Fixemos intercambios de postais de Nadal, decoramos o colexio coa árbore de Nadal e uns adornos relacionados co camiño de Santiago e tamén nos veu a visitar unha Paxe Real!
E o xoves día 21 de decembro celebramos o noso singular día de "FIN DE ANO TINTUREIRA" cunha representación musical do concerto de Viena,
tomamos todos xuntas as 12 uvas ao son das badaladas e cantamos e bailamos ao ritmo de Mariah Carrey o tradicional "ALL I WANT FOR CHRISTMAS IS YOU"
Desfrutamos un montón e deunos impulso para despedir ben o ano e comezar o 2024 cheos de boa enerxía! FELICES FESTAS A TOD@s! |
MAGOSTO 2022
Enviado por Silvana o 20 Novembro 2022 - 11:12pm
O venres 11 de Novembro tivemos a sorte de poder celebrar o Magosto como se viña facendo fai uns anos no monte de San Miguel de Oia. Os alumn@s de terceiro ata sexto de Primaria subiron camiñando con moito ánimo e coa sorte de gozar dun día espectacular. Os nen@s de infantil, primeiro e segundo subiron en autobús. No monte xuntámonos tod@s; cantamos, xogamos, compartimos e comemos castañas asadas! GRAZAS a Ángel e a Pepe que non dubidou en vir botarnos unha man. Foi un día marabilloso de compartir risas, xogos, cancións e tempo sen presas. |