Becas e axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo
Enviado por Manuela o 29 Maio 2022 - 2:37pm
Convocadas axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2022/2023
Dirixido a alumnado con necesidade específica derivada de: - Discapacidade - Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe - Trastorno de espectro autista - Altas capacidades As solicitudes deben ser cubertas electrónicamente, asinadas, e entregadas no centro educativo. Na páxina web do Departamento de orientación atoparán toda a información necesaria para a tramitación destas axudas.
ENLACE AO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
PRAZO DE PRESENTACIÓN: 19 de MAIO - 30 de SETEMBRO de 2022
|
ASÍ DE BEN O PASAMOS OS DE INFANTIL, NA GRANXA DE SERANTELLOS!
Enviado por ElenaValle o 29 Maio 2022 - 2:09pmPROMOVIDO POR FOANPAS E A TRAVÉS DA NOSA ANPA, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA COMEZA UN PROXECTO PARA MELLORAR OS NOSO PATIOS.
Enviado por ElenaValle o 29 Maio 2022 - 1:02pm
Dende FOANPAS e promovido pola nosa ANPA, Miudiño S. Coop. Galega, que leva anos percorrendo Galicia axudando e guiando ás comunidades educativas na transformación dos seus espazos escolares, estivo no noso cole xa que toda a comunidade, educativa estamos interesados en darlle unha volta aos nosos patios. Con esta sesión, comezamos con unha serie de formacións encamiñadas ás novas pedagoxías e a acadar comunidades educativas inclusivas e cohexionadas. |
O ALUMNADO DE 4º e 5º DE E.P. VISITARON O MOSTEIRO DE OIA. OS SOCIOS DA ANPA TIVERON UNHA AXUDA PARA PAGAR O AUTOBÚS.
Enviado por ElenaValle o 29 Maio 2022 - 12:35pmCELEBRACIÓN LETRAS GALEGAS
Enviado por Patricia o 23 Maio 2022 - 8:57pm
O venres 13 de Maio celebramos o día das Letras Galegas. Este ano dedicouse o poeta ourensán Florencio Delgado Gurriarán. Coñecemos a súa biografía xogando todo o centro o rosco do "Pasapalabra".
Celebramos o esperado mercadiño de libros usados, cun grande éxito de participación e de aportacións. Nesta edición, grazas a todo o recadado coa venda de libros e a doazón do centro, conseguimos ao redor de 650€ que serán ingresados na fundación ACNUR para a axuda aos refuxiados do conflito de Ucrania. Ademais fixemos distintas actividades que vos mostramos neste vídeo.
|
O ALUMNADO DE 1º e 2º DE E.P. VISITARON O MOSTEIRO DE OIA. OS SOCIOS DA ANPA TIVERON UNHA AXUDA PARA PAGAR O AUTOBÚS.
Enviado por ElenaValle o 20 Maio 2022 - 4:29pm
AVISO ÁS FAMILIAS: LEMBRADE QUE O LUNS 16 DE MAIO NON HAI CLASE.
Enviado por ElenaValle o 12 Maio 2022 - 5:19pmHAI UNS DÍAS RECOLLEMOS UNHA CHEA DE LEITUGAS DA NOSA HORTA, QUE COMPLETARON O MENÚ DO NOSO COMEDOR: LUBINA O FORNO CON ENSALADA. ECOLÓXICAS E BOÍSIMAS!
Enviado por ElenaValle o 12 Maio 2022 - 5:00pm
|
O ALUMNADO DE 5º PARTICIPOU NA ACTIVIDADE DO CONCELLO "UNHA XANELA ABERTA Á RÍA DE VIGO"
Enviado por ElenaValle o 11 Maio 2022 - 6:15pm
Esta maravillosa experiencia contou con dous aliados de altura: por un lado, o barco oceanográfico Nautilus, e, polo outro, o robot subacuático “Nemo”. O Nautilus, unha aula flotante equipada con equipos de alta tecnoloxía para a investigación do medio mariño, foi o mellor lugar para descubrir a riqueza que esconde a ría de Vigo e o impacto que ten a produtividade das súas augas na economía local. Un percorrido de aproximadamente 90 minutos no que o alumnado puido descubrir detalles sobre a riqueza da auga, a dinámica do plancto e o cultivo do mexillón,ou a fauna que habita no fondo do ecosistema. Tamén puideron visualizar un mundo oculto ao ollo humano, o mundo da vida microscópica mariña, que habita nas augas máis produtivas do mundo.Neste senso e grazas a súa cámara en calidade 4 k, o robot subacuático “Nemo” transformouse no mellor compañeiro para coñecer en directo algunha dás especies máis escurridizas que se esconden baixo as nosas augas. Os alumnos tiveron a oportunidade de ver no seu medio natural, este ecosistema cheo de vida que sen dúbida lles sorprendeu e lles gustou moitísimo.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »