Blogues

O recuncho da paz

 

 

Na biblioteca fan unha chea de Recunchos. O último do que desfrutamos foi aquel adicado ás lecturas pola Paz.

Aprender? Xogar? Aprender xogando.

Contadas

Outra actividade que nos encanta e aquela na que compañeiras e compañeiros dos cursos máis altos nos veñen acompañar e facer desfrutar daqueles contos que escolleron para compartir unha "Contada" con todas e todos nós.

Grazas!!!

A NOSA ÁRBORE DO PATIO

 

Coa mestra Nuria imos adornando a nosa árbore do patio tendo en conta as diferentes celebracións.

Aquí deixamos unha mostra dos nosos adornos do Nadal e da nosa contribución para pedir A PAZ.

 

 

 

SÍMBOLO DA PAZ ---- 5º e 6º CURSO

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE 

POLA PAZ!

 

Última entrega do Día da Paz para amosarvos os adornos que elaboraron @s nen@s de 5º e 6º curso.

Trátase do símbolo da Paz, pintado con cera negra e decorado con puntiños de témpera feitos con bastonciños e pinceis.

Nunha primeira proba, fixémolos en branco pero como o resultado non foi o esperado cambiamos o fondo por negro.

 

Velaquí o traballo de 5º curso:

 

 

 

 

O traballo de 6º B:

 

 

 

 

 

 

E por último, así de bonitas quedaron as nosas árbores do patio.

 

 

Ata a próxima!!

 

Moitos agarimos 

e aseguir traballando con tanta arte!

 

POMBAS DA PAZ ------------ 3º e 4º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE POLA PAZ!

 

Nesta segunda entrega do Día da Paz amosámovos as fermosas pombas que fixeron @s nen@s de 3º e 4º curso.

Consistía en recortar anaquiños pequenos de papel para simular as ás da pombas e pegalas ao debuxo seguindo o sentido das mesmas.

Ademáis, démoslle unhas sombras de cores nas puntas empregando a técnica da cera en posición horizontal.

Velaquí o resultado:

 

 

3º curso

 

 

4º curso

 

 

 

 

E así de bonitas quedaron nas nosas árbores!

 

 

Agardamos que vos gusten!

 

Moitos agarimos

e a seguir traballando con tanta arte!

 

 

 

MANS DA PAZ ------------- 1º e 2º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE POLA PAZ!

 

Con motivo do Día da Paz, hoxe 30 de xaneiro, decoramos as nosas árbores do patio con algúns dos símbolos máis representativos.

 

Neste caso, @s alumn@s de 1º e 2º curso fixeron unhas mans con diferentes legumes (lentellas, arroz e garavanzos) representando así as diferentes cores de pel.

 

En primeiro lugar, velaquí tedes o traballo d@s nen@s de 1º:

 

 

 

 

 

A continuación, unha pequena mostra do traballo d@s nen@s de 2º curso:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E despois de tanto traballo e concentración.... velaquí está o resultado!!!

 

 

 

 

Agardamos que vos encanten!!

 

Moitos agarimos

e aseguir traballando con tanta arte!!

 

Retratados con follas ---- 4º curso

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Hoxe queremos amosarvos o fermoso traballo d@s alumn@s de 4º curso.

 

Fixeron o seu retrato con acuarelas e ceras, pero cunha única condición :

o seu cabelo debía estar formado por follas.

Velaquí o resultado tan orixinal!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Agardamos que vos gusten tanto como a nós!

Están expostos polos corredores do cole, así que non dubidedes en pasarvos a miralos!

 

Moitos agarimos 

e a seguir traballando con tanta arte!

 

BOTÁMONOS AO MONTE DENDE O NOSO COLE

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Como xa todos sabedes, este ano dende o claustro de profes decidimos que queriamos darlle un aire novo ao Nadal no cole e prescindir da árbore tradicional.

 

Aproveitando o tema do proxecto que temos este ano no centro,

"Botámonos ao monte"

queríamos facer o noso propio monte no cole.

 

O resultado foi a elaboración de árbores en relieve que colocamos no noso patio, empregando a reciclaxe con periódicos vellos e facendo participar a tódolos nenos e nenas no proceso.

 

Fixemos tres troncos con bolas de folla de periódico e outros dous con anacos do mesmo material pero empregando a técnica do "papel maché" (anacos de papel pegados con cola).

 

As copas das árbores están compostas de bolas de papel contínuo combinando dous tonos de verde.

 

Velaquí o proceso e resultado:

 

 

E antes de despedirme, quería darlle as gracias tamén a:

 

- Pepe e Ángel por axudarme a colocalos que ainda levou o seu tempo...

- A todo o claustro de profes que apoian tódalas novas propostas e ideas e colaboran para levalas a cabo...

- E a tódolos nenos e nenas que se ofrecen, en moitas ocasións, a perder tempo de recreo ou diversión para botarme unha man!

 

GRACIAS!!

Estou moi orgullosa de que formemos tan bo equipo.

 

En nada estaremos por aquí de novo coas "artistadas" que estamos elaborando para o Día da Paz.

 

MOITOS AGARIMOS ARTISTAS!!!!!

 

ÁRBORES RECICLADAS DE 6º

 

BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!

 

Chegamos ao final da mostra dos adornos navideños, e como non, tiñamos que rematar coas fermosas árbores de 6ºA e 6ºB.

Empregando revistas e pregando as súas follas unha por unha, deu como resultado estas orixinais árbores que rematamos poñendolle un pouco de porespán triturado e unha estrela de gomaeva.

Velaquí o proceso:

Agardo que vos gusten tanto como a min!

MOITOS AGARIMOS

E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE!

 

 

Distribuir contido