FORMALIZACION MATRÍCULA NOVOS ALUMNOS CURSO 2022-2023

PRAZO: do 20 ao 30 de xuño.

 

Documentación a entregar:

 

- Documento de formalización de matrícula. ENLACE

 

- Anexo para o centro ENLACE

 

- Autorización Imaxe alumno ENLACE

 

- Autorización saídas ENLACE

 

- Autorización alumnado que utiliza transporte ENLACE

 

- Autorización do alumnado que non utiliza transporte ENLACE

 

- Fotocopia da tarxeta sanitaria.

 

- Fotocopia da cartilla de vacinacións.

 

- Informe médico sanitario do pediatra en caso de intolerancias, alerxias ou enfemidades significativas.

 

- 4 fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos na parte de atrás.( Ed. infantil 3 anos)

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

As familias do alumnado de Educación infantil, xa podedes reservar ou mercar os libros que se publican nesta nova da web. 

As familias do alumnado de Educación Primaira, deberán permanecer atentas ó ABALAR e a páxina web do centro, xa que a través destes medios serán informados nas primeiras semanas de xullo, das posibles adxudicacións de vales e libros de texto.

Si tedes mercar en todos os cursos de Educación Primaria, o libro de inglés "ACTIVITY PACK da Editorial RICHMOND", por ser material funxible.

LIBROS DE TEXTO DE 1º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 2º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 3º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 4º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 5º DE EDUC PRIMARIA.pdf

LIBROS DE TEXTO DE 6º DE EDUC PRIMARIA.pdf

OBRADOIRO OFERTADO POLA FUNDACIÓN MAFRE PARA O ALUMNADO DE INFANTIL 1º E 2º DE PRIMARIA "VIVIR EN SALUD"

Este obradoiro “VIVIR EN SALUD” foi ofertado e organizado pola FUNDACIÓN MAFRE, coa colaboración da Academia Española de Nutrición e Dietética, o Cosello Xeral da Educación Física e Deportiva (Consello COLEF) e a facultade de Psicoloxía da Universidade Complutense de Madrid. Nel o alumnado, a través de diferentes pèrsonaxes e propostas,  traballou sobre a importancia do bienestar emocional, a alimentación saudable e a actividade física, nas nosas vidas.

 

 

LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO NO NOSO CENTRO.

Alumnado admitido por curso:

- 4ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 5ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 6ºE. Infantil:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 1º E. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 3ºE. Primaria:todo o alumnado que presentou solicitude está admitido.

- 6ºE. Primaria:o alumno admitido tras o proceso de baremación é G.M.C.

 O prazo de formalización da matrícula será, se non hai cambios, do 20 ao 30 de xuño e xa vos indicaremos a documentación que tedes que traer ao centro, nesas datas.

 

Estade atentos á información que iremos publicando na nosa web. 

 

Fondo solidario de libros curso 2022/2023

                                                       

Está aberto o prazo desde o día 21 de maio ata o 22 de xuño de 2022 (inclusive).

 Poderase solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado de 3º a 6º de Educación Primaria e ESO. 
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado de 1º a 6º Educación Primaria e ESO.

Poderase presentar presencialmente na secretaría do centro ou telemáticamente a través da aplicación Fondolibros empregando calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365.

Documentación necesaria:

Anexo I e anexo II.

- Fotocopia do libro de familia ( deben figurar todos os membros computables).

- Sentenza xudicial e/o convenio regulador ( se é o caso).

- Certificado acreditativo do grao de discapacidade ( se é o caso).

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/2023, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/2022.

 Recoméndase que a persoa solicitante sexa a persoa que vaia recoller o vale de axuda de libros, material escolar ou os libros do fondo solidario. De non ser así para a recollida, haberá que traer unha autorización por escrito da persoa solicitante con fotocopia do DNI da persoa solicitante e da autorizada.

Pódese descargar aquí o Anexo I e Anexo II 

 Máis información:

  • ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).  (Enlace aquí)

 

  • Manuel de usuario para os cidadáns: enlace.
Distribuir contido