Blogues
Xa visible a Noticia de 6º de Xaneiro
Enviado por Anónimo o 5 Marzo 2019 - 3:04pmXa visible a Noticia de 6º de Xaneiro
Seguindo co perfil xornalista do alumnado de 6º, presentámovos a Nova do pasado mes de Febreiro.
Esta vez, a mestura da música cos recursos ofrecidos nas Redes sociaís, son os protagonistas.
E aqúi a tedes:
NOME DO XORNAL : ”A VANGUARDIA ” DATA: 27/ 02/ 2019
TÍTULO DA NOTICIA : “Loren Gray e outros ‘musers’, xa famosos de “Musical. Ly”, o gran éxito entre adoescentes”
Qué dí: Musica .ly apodérase do mundo grazas a bloggers de todas partes do planeta que se están a convertir en sensacións virais para entreter a millóns de fanáticos con clips de sincronizacións musicais.
Esta aplicación de video é de diseño chino e foi creada para usuarios, tamén chamados musers, para crear videos curtos a miúdo baseados na música.
As redes sociais son un campo minado, pero Musical.ly, xenerou unha rede enorme de millóns de seguedores que convertéronse en estrelas por dereito propio.
Algúns dos mellores musers (os máis influíntes) ofrecen consellos de maquillaxe, videos divertidos e clips emocionantes que alegran o día de centos de seguedores, sobre todo xóvenes.
Johnny Orlando é o nome doutro dos musers que máis seguedores ten.
Algúns usuarios compárano co próximo Shawn Mendes ou incluso, Justin Bieber.
A pesares de que comezou a interpretar covers, e os seus divertidos sketches son, aínda propiedade de Musical.ly, iniciou xa a súa propia carreira musical.
Cada vez está máis claro que o vídeo é unha das plataformas de contido con maior potencial en Internet.
A grandes rasgos, Musical.ly,é unha app que tradúcese na mestura entre Snapchat y Vine, coa que se poden gravar vídeos de ata 15 segundos de duración, bailando, executando un playback ou facendo pequenos sketches divertidos de temática variada.
PORQUÉ A ESCOLLIMOS: Escollímoa por que nos pareceu interesante compartir a idea da influencia das redes sociais nas persoas. Neste caso concreto, no mundo da música
WEB consultada:https://www.lavanguardia.com/tecnologia/20180309/441357622289/musically-musers-loren-gray-aplicacion-video-vine.html
ALUMNOS E ALUMNAS: NAHIARA, DAVID, JANA, LAURA e NADINE-
O Recuncho da poesía
Enviado por ElenaPena o 4 Marzo 2019 - 9:04pmDesfrutando dun novo Recuncho da Biblioteca
O OBRADOIRO SOBRE DROGODEPENDENCIA
Enviado por Anónimo o 4 Marzo 2019 - 3:11pm-O OBRADOIRO SOBRE DROGODEPENDENCIA-
O pasado xoves, 28 de febreiro, iniciáronse en sexto unha serie de Obradoiros relacionados coa información e prevención de drogodependencias de distínta índole, dende
as drogas máis comúns coma o alcohol, ata outras menos coñecidas e non por iso, menos dañinas.
A participación e interese dos nenos e das nenas dos dous sextos foi altísima. Tanto que pasámonos da hora convida.
Maite, compoñente dunha Asociación de drogodependencias en Vigo, foi a encargada de explicarnos o máis significativo do tema.
Pero isto non fixo mais que comezar. Aínda quedan varias xornadas para escoitar, conversar e participar.
Resultou ser unha actividade moi interesante e educativa, tendo en conta a nova etapa á que nos enfrentamos.
Moitas grazas, Maite.
A visita da Policía
Enviado por Anónimo o 24 Febreiro 2019 - 11:45amA visita da Policía
Este xoves, día 21 de Febreiro, o alumnado de 6º tivemos a sorte de recibir a Mónica, unha policiía que falounos de moitísimas cousas interesantes no que respecta aos perigos do mal uso de internet nas redes sociáis.
A todos e a todas resultounos unha charla interesante e práctica.
Trala exposición, tanto verbal coma dixital, fixemos preguntas sobre posibles dúbidas ás que Mónica respondeu con moito gusto.
MOITAS GRAZAS, MÓNICA!!!
MATRIOSCAS
Enviado por ElenaPena o 21 Febreiro 2019 - 6:13pmMira ti o que era esa boneca con outra dentro, e outra, e outra, e outra... que tiñamos na casa!!!!!
Chegou o temporal a 2º curso!
Enviado por Anónimo o 16 Febreiro 2019 - 5:54pm
BENVIDOS E BENVIDAS A TINTURARTE!!
Estamos no inverno e con él veñen as chuvias, o vento e os paraugas voando!! Por iso os nenos e nenas de 2º curso quixemos facerlle unha homenaxe aos temporais que nos visitan cada ano. Pintamos un fondo con acuarelas en tonos azuis, lilas, brancos e negros reflexando os ceos enfurecidos. Despois, pintamos as gotas de auga e, por último, fixemos os paraugas con folios de cores pintados, aplicando a técnica do abano. Velaquí o proceso:
O resultado foi moi divertido!!! Agardamos que vos gusten tanto como a nós!!
MOITOS AGARIMOS E A SEGUIR TRABALLANDO CON TANTA ARTE! |
E seguimos traballando.....!!!!
Enviado por Anónimo o 11 Febreiro 2019 - 8:47pmE seguimos traballando.....!!!!
Continuando cos proxectos do alumnado de 6º, hoxe resaltamos novas investigacións e a súa posta en marcha
OS reinos dos seres vivos
Un dos grupos da clase,elaborou un mural cos diferentes reinos e as súas características.
Logo, plantexaron un xogo no que o resto de compañeiros /as tivesen que descubrir o Reino ao que pertencía unha imaxe explicando as súas características e
xustificando as conclusións.
Realizado por Jana, Naihara, Marina, David y Laura
Os reinos no frigorífico :
Outo grupo da aula, fixo un traballo moi práctico.
Clasificou en grupos os productos da nevera da súa casa segundo a orixe do reino ao que pertence.
En 1º lugar, analizaron as existenzas de cada membro do grupo na súa neveira.
A continuación clasificáronas
Despois conseguiron imaxe iguais ás reais.
En cada departamento do frigorífico colocaron imáns pequeniños, facendo o mesmo nas imaxes dos produtos.
Finalmente expusérono na aula e transmitiron un xogo aos /ás compañeiros/as, para situar os produtos no estante correspondente.
Realizado por Enma, Lucas, Miguel e Jónatan
A C É L U L A
Un traballo bo e orixinal realizado por Lucía, Ángela, Nahia, Sandra e Luis sobre a importancia e as funcións da célula.
Ademáis das súas interesantes informacións, sorprendéronos cunha representación manual moi orixinal e creativa na que utilizaron materiais moi diversoS....
Ata plastilina para diferenciar as súas partes.
Bo traballo chicos!!!
Todos os traballos resultaron ser atractivos, interesantes e divertidos...!!
Noraboa chicos e chicas !!
Sodes estupendos !!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »